lunes, noviembre 25, 2024
InicioConcellos +ArboA biblioteca de Arbo ofrece actividades para nenos e nenas

A biblioteca de Arbo ofrece actividades para nenos e nenas

Un ano máis, e dentro das actividades programadas para o Verán Cultural, o Concello de Arbo organiza actividades na Biblioteca Municipal, dentro do programa Leer Conta Moito subvencionado pola Xunta de Galicia.

Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

A través deste programa, as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para achegarlle á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.

Actividades Programadas
10 DE XULLO
(MÉRCORES): Ás 11.30h, obradoiro “DA ÁRBORE AO
LIBRO”, a partir dos 7 anos de idade.


24 DE XULLO (MÉRCORES): Ás 11:30h. títeres “ONDE VIVEN OS
MONSTROS”, para público a partir de 7 anos.

7 DE AGOSTO (MÉRCORES): Ás 11:00h., obradoiro “LABORATORIO DE
PERSOAXES”, actividade comprendida no programa Leer Conta, para público
infantil a partires de 6 anos.

21 DE AGOSTO (MÉRCORES): Ás 11:30h., teatro de papel “SÓ DE
PERSOAS”, para público infantil a partires de 3 anos.


Deste xeito as bibliotecas reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo
que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que
proporcionan.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS