viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasMos recibe a 110 cativos saharauis que pasarán as a súas Vacacións...

Mos recibe a 110 cativos saharauis que pasarán as a súas Vacacións na provincia de Pontevedra

A Galega é a segunda Comunidade Autónoma que máis nenos acolle, cun total de 300, despois de Andalucía

Hoxe recibiuse no Pazo de Mos aos primeiros 55 dos 110 nenos e nenas saharauis que pasarán as súas Vacacións en Paz na provincia de Pontevedra. Foron recibidos pola concelleira de Política Social de Mos, Sara Cebreiro, e o edil mosense de Urbanismo, José Ramilo.


Mañá chegarán ao Pazo de Mos procedentes do aeroporto de Peinador os 55 nenos e nenas sahauis restantes, sumando así os 110 que pasarán o verán en Pontevedra. Peinador é o punto de chegada dos 300 pequenos saharauis que veñen este ano a Galicia, sendo a Galega a segunda Comunidade Autónoma do país que máis nenos acolle, despois de Andalucía. Hoxe chegaron a este aeroporto 150 e mañá chegarán os outros 150.

11 pequenos deste programa promovido e organizado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui pasarán o verán con familias acolledoras mosenses. O Concello de Mos colabora con este programa e coa Asociación mediante un convenio anual asinado no que se lle fai unha aportación económica, facilitando os dous autobuses ata o Pazo de hoxe e mañá, así como o espazo para a recepción no auditorio do Pazo de Mos. E ademais os cativos asentados en Mos durante o verán poderán gozar do Campamento Municipal Infantil ‘Mañás de Verán’ así como saídas á piscina ao aire libre de San Eleuterio, entre outras iniciativas organizadas polo Concello, de balde. O Concello de Mos participa no programa Vacacións en Paz organizado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui desde fai moitos anos.


“Fai moita falla que poidan saír dos campamentos o maior número de nenos posibles, xa que están a pasar por momentos moi duros, con moita falla de axuda humanitaria. Coa acollida as familias poderán darlles unha alternativa para evitar a súa estancia nos Campamentos durante os meses de xullo e agosto, por teren as temperaturas máis altas (máis de 50ºC), facilitar a asistencia sanitaria e de alimentación, e promover os valores de solidariedade entre o Pobo Galego e o Pobo Saharaui”, declarou a este respecto a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro.


É xa histórica a estadía dos/as nenos/as saharauis que pasan a tempada estival no municipio de Mos grazas ao programa Vacacións en Paz promovido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Desde sempre, e igualmente este ano como non podía ser doutro xeito, os cativos saharauis poden participar ao longo de todo o verán en iniciativas organizadas pola administración local como o campamento infantil estival Mañás de Verán, así como coñecer a piscina ao aire libre de San Eleuterio, acudir a festividades e actividades municipais, deportivas, etc.

Asistencia médica
Un dos principais obxectivos do programa Vacacións en Paz é a asistencia médica dos nenos e nenas saharauis que veñen en acollida durante o verán. Existe un convenio co Sergas polo cal os cativos saharauis recén chegados poden beneficiarse de todo tipo de revisións médicas e se lles poñen as vacinas necesarias e correspondentes ás súas respectivas idades. Facilitar a atención sanitaria a estes nenos e nenas que non poden acceder á mesma no seu país de orixe é, sen dúbida, unha das finalidades máis importantes desta iniciativa solidaria. Unha causa solidaria que trae sorrisos a nenos e nenas que o necesitan.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS