domingo, noviembre 24, 2024
InicioConcellos +ArboArbo continúa a promocionar os seus encantos a nivel internacional

Arbo continúa a promocionar os seus encantos a nivel internacional

A xove xaponesa blogueira, Eriko, visitou o pasado mércores a vila, onde desfrutou dunha visita pola historia, tradición e patrimonio do municipio

Nunha recepción levada a cabo no Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, o alcalde Horacio Gil, daba a benvida a Eriko Nagata, procedente de Xapón, onde a acompañou nuha visita guiada polos enclaves máis importantes do municipio de Arbo, entre os que destacaron a Ponte Románica de San Xoán, as Pesqueiras, o Museo e unha bodega.

Eriko é experta en gastronomía e coñecedora dos viños con D.O. Rías Baixas, foi recibida en Finca La Moreira, para visitar a bodega Marqués de Vizhoja.

O responsable de Turismo e alcalde de Arbo, Horario Gil, destacou que «para nós é un pracer e un orgullo inmenso poder recibir a unha xove procedente de Xapón, que coñecía a nosa terra a través das redes sociais e quedou fascinada pola lamprea e a tradición da pesca, e que quixo coñecer «in situ» a nosa historia, a nosa natureza, o noso arte material e inmaterial e os nosos viños e restaurantes».

A influencer continuou a súa visita ata as pesqueiras dos Cregos, a Ponte Románica de San Xoán e fixo un percorrido pola historia da Festa da Lamprea ubicada no Museo Arabo.

Sen dúbida, unha aprendizaxe continua e unha catapulta internacional con Arbo como foco principal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS