domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasO Concello de Mos mantén unha reunión sobre os proxectos municipais de...

O Concello de Mos mantén unha reunión sobre os proxectos municipais de reciclaxe e dinamización medioambiental

Na xuntanza, co Director Xeral Ramón Martínez Boga, tratouse sobre a Campaña Informativa sobre Reciclaxe e a Campaña de Dinamización Medioambiental. Entre ambas, a administración local mosense fará un investimento que supera os 23.000 euros

O segundo tenente de alcaldesa e concelleiro de Coordinación Xeral e Bo Goberno de Mos, Leo Costas, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura Méndez Senlle, reuníronse onte pola mañá no Concello co Director Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ramón Martínez Boga, sobre sendas campañas municipais medioambientais enfocadas ao fomento da reciclaxe e á dinamización medioambiental, englobadas baixo o paraugas do proxecto CoidaMos e para as que a administración local busca apoio autonómico.


No caso da Campaña Informativa sobre Reciclaxe, esta ten o obxectivo de conseguir afianzar na poboación a práctica do reciclaxe e de depositar o lixo nos colectores correspondentes, ademais de informar das sancións por deixar o lixo fóra. Para elo preténdese realizar a instalación de 60 postes con carteis informativos tamaño A1 nas illas de colectores de reciclaxe, acción que require dun orzamento de 15.536,40 €.


Por outra banda a campaña de dinamización medioambiental, valorada en 7.500,00€, inclúe unha serie de saídas, andainas, cursos e actividades educativas e didácticas con escolares, tales coma a Saída de Iniciación ao CEO NOCTURNO, a MICOESCOLA: formación de iniciación á micoloxía dirixida aos escolares de Mos, con motivo do XX edición das Xornadas Micolóxicas de Mos, ACTIVIDADES NA SENDA DO LOURO: SENDEIRO AZUL, tales como a Xornada de Eliminación de Especies Invasoras (tradescantia fluminenses) no Sendeiro do Louro e ‘Sons do Louro’, un percorrido máis consciente de tódalas biofonías do noso entorno; CONECTA COA NATUREZA, saída ao monte cos escolares de quinto de Primaria de Mos e un curso de iniciación ao SENDEIRISMO, dirixido aos escolares do IES de Mos. O investimento total que o Concello de Mos fará en ambas campañas ascende a 23.036,40 €.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS