A alerta sobre este sinistro activouse no 112 Galicia ao fío das 21.30 horas deste xoves a través da chamada de varios particulares informando do suceso. Segundo a información recollida polos xestores de emerxencias, o motorista precisaba asistencia sanitaria urxente tras chocar a moto que conducía contra un turismo.
Desde o 112 Galicia pasouse o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou unha ambulancia medicalizada ata o punto, aínda que, desgraciadamente, nada se puido facer por salvar a vida do motorista.