viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeMedio cento de persoas dunha vintena de países participan de “Galego sen...

Medio cento de persoas dunha vintena de países participan de “Galego sen fronteiras”

A trixésimo cuarta edición destes encontros arranca o vindeiro mércores cun programa de inmersión lingüística e cultural que se estenderá ata o 24 de xullo

Os Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” chegan este mes de xullo á súa trixésimo cuarta edición contando coa participación de máis de medio cento de estudantes procedentes de Europa, América e Asia. O programa, organizado pola Real Academia Galega en colaboración co Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, iníciase o 3 de xullo, ás 12.30 horas co acto inaugural na Facultade de Filosofía (praza de Mazarelos, Santiago de Compostela), onde terá lugar o groso da actividade. A clausura celebrarase no mesmo espazo o 24 de xullo, véspera do Día de Galicia.

As persoas matriculadas este ano proceden da Arxentina, do Brasil, dos Estados Unidos, da India, da China e de Alemaña, Reino Unido, República Checa, Chipre, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, Polonia, Portugal, Romanía, Ucraína, Rusia e distintas comunidades autónomas de España.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS