viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidade"Construír un mundo mellor coa nosa terra como base”

«Construír un mundo mellor coa nosa terra como base”

É o obxectivo común que, segundo o presidente da Xunta, comparten Leilía, Borja Golán, Amancio López Seijas, Maite Isla e Asomega

“Leilía, Borja Golán, Maite Isla, Amancio López Seijas e Asomega son cinco exemplos de amor, compromiso e servizo a Galicia que comparten un obxectivo común desde as súas diversas facetas: construír un mundo mellor coa nosa terra como base”. Así o sostivo Alfonso Rueda na cerimonia de impositicón de Medallas Castelao 2024 celebrada este esta venres na Igrexa de San Domingos de Bonaval.

A asociación Asomega goza dun alto prestixio fóra e dentro das nosas fronteiras, contribuíndo a engrandecer o nome de Galicia no mundo a través da excelencia sanitaria dos seus profesionais médicos.

Maite Isla e todo o equipo de Sogaps: Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, loitan pola liberdade e dignidade do pobo saharaui a través de programas como Vacaciones en paz, grazas ao que os nenos do Sáhara pasan o verán xunto a familias galegas cada ano.

Amancio López Seijas como presidente e fundador de Hotusa lidera un dos maiores consorcios hoteleiros do mundo. Como galego leva a súa Chantada natal no corazón creando riqueza e emprego na súa localidade.

Borja Golán é un dos mellores xogadores de squash de todos os tempos e un referente nesta disciplina deportiva. Retirouse das competicións o pasado ano deixando ás súas costas dezasete campionatos de España e dous continentais.

O grupo de pandeireteiras Leilía é un dos grupos musicais tradicionais máis destacados de Galicia. A súa aposta pola recuperación da tradición oral galega abriu un camiño para achegar a identidade da nosa terra aos tempos actuais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS