jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasCogami sensibiliza á veciñanza de Ribadavia convidándoa a probar vivir en cadeira...

Cogami sensibiliza á veciñanza de Ribadavia convidándoa a probar vivir en cadeira de rodas

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade colaborou co Concello de Ribadavia para visibilizar a problemática que atopan as persoas con mobilidade reducida cando se desprazan polos espazos e itinerarios das vilas e cidades

Celebrouse así “Ponte no meu lugar”, unha actividade de sensibilización na que representantes da vida política e social de Ribadavia tiveron que desprazarse en cadeira de rodas polo municipio.
Cogami iniciou por vez primeira esta actividade no ano 2016 para que axentes políticos, sociais, empresariais, e a sociedade en xeral, vivan en primeira persoa a discapacidade e poidan empatizar coa súa problemática.
Para as persoas en cadeira de rodas foi unha gran oportunidade de amosar aos demais as dificultades no seu día a día en cousas básicas, que lles restan autonomía. E para a cidadanía esta experiencia deixou unha sensación agridoce, xa que foi consciente do que dende fóra parece que está adaptado en realidade non o está

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS