As instalacións permanecerán abertas do 1 de xullo ao 31 de agosto
A piscina municipal de Arbo comeza a súa tempada estival o vindeiro luns 1 de xullo e estenderáse ata o 31 de agosto.
As piscinas de Arbo que foron inauguradas en 1996, están situadas no barrio de Chan, nunha zona estratexica ao carón do pavillón polideportivo, campo de fútbol e área recreativa de Bouza de Miguel.
Son dúas piscinas, unha grande para adultos e unha pequena para a cativada, aseos e vestiarios. Un ano máis, tamén ofrece unha cantina que serve refrescos, xeados ou bocadillos, ademais dunha pista de baloncesto e unha gran zona de céspede onde se pode xogar, comer e beber.
O horario de apertura é de luns a venres de 15:00 horas a 21:00 horas pola tarde.
A entrada xeral ao recinto custa por día 1 euro para os nenos de entre 6 e 12 anos e 1,30 € a partir dos 13 anos, tendo a posibilidade de comprar bonos para 15 baños cun desconto. Para os maiores de 65 anos, familia numerosa e carné xove, existe a bonificación do 50%.