domingo, noviembre 24, 2024
InicioO PaísPontevedraManzaneda, o transporte metropolitano e a estación de mercadorías de San Cibrao,...

Manzaneda, o transporte metropolitano e a estación de mercadorías de San Cibrao, deberes da Xunta e Deputación de Ourense

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acordan reforzar a colaboración entre ambas institucións para seguir impulsando a economía da provincia e o benestar da cidadanía.

Así o trasladou o titular do Executivo galego trala reunión que mantiveron na cidade das Burgas. Rueda valorou o ton construtivo e cordial do encontro, sinalando que hai moitos campos “onde a Xunta e as deputacións podemos facer moitísimas cousas” e incidindo en que “a unión sempre fai a forza”.

Traballarase para implantar o transporte metropolitano en Ourense e seguirase demandando ao Goberno central a estación de mercadorías de San Cibrao, para a cal o Executivo autonómico está disposto a ceder 100.000 metros cadrados. Ambas institucións continuarán potenciando a estación de Manzaneda, asumindo de xeito conxunto a liquidación da débeda e achegando financiamento anual. O presidente da Xunta tamén sinalou que se manterá a cooperación en materia de loita contra os incendios forestais, unha “colaboración exemplar”. No eido rural, Rueda fixo fincapé en que “nin a Xunta nin a Deputación imos deixar na estacada” aos regantes da Limia. En materia de servizos sociais, acordouse que a Deputación colaborará economicamente cos concellos beneficiarios do Plan de investimentos da Xunta para construír, reformar ou ampliar centros de maiores de titularidade municipal. Tamén en relación co sector turístico, Xunta e Deputación seguirán impulsando conxuntamente o termalismo, así como a Vía da Prata e o Camiño de Inverno, contribuíndo á súa difusión e dotando de servizos as rutas xacobeas.

Na xuntanza celebrada este mércores tamén se abordou a posta en marcha dun plan piloto para colaborar cos concellos na contratación de persoal técnico para colaborar cos Servizos Sociais municipais.

Do mesmo xeito, a Deputación de Ourense cooperará en distintas accións impulsadas pola Xunta para a formación de traballadores e a obtención de certificados de profesionalidade. De igual forma, a Deputación de Ourense apoiará a demanda autonómica ao Ministerio de Xustiza para a creación dun xulgado de loita contra a violencia machista na cidade que preste servizo a toda a provincia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS