A competición reunirá na cidade esta fin de semana as grandes promesas de natación artística española. Serán en total máis de 400 deportistas dunha trintena de equipos: 238 alevíns (dos que 47 son galegos) e 195 infantís (18 galegos) que competirán nas probas e acoden estes días a Ourense, acompañados polos seus equipos técnicos e familias.
O torneo arrancará este venres coa final do dúo mixto infantil e concluirá o domingo coa entrega de medallas do dúo libre infantil, o equipo libre infantil e o dúo mixto alevín.