viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeMáis de 100 millóns anuais para a atención á discapacidade en Galicia

Máis de 100 millóns anuais para a atención á discapacidade en Galicia

Rueda ratifica o compromiso da Xunta coa atención á discapacidade e agradece o traballo das entidades sociais

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu o traballo levado a cabo por todas as entidades sociais e ratificou o compromiso do Goberno galego coa atención á discapacidade, poñendo como exemplo a entrada en vigor este ano do concerto social. Rueda apuntou que esta iniciativa permite saber “que vai haber unha serie de prazas para atender a discapacidade garantidas pola Xunta de Galicia” e “que ese número vai seguir crecendo”.

O presidente do Goberno galego participou, xunto coa conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, nunha reunión con representantes do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), entidade dende a cal fixeron un balance positivo:

Galicia cumpre

Nos primeiros 100 días de goberno xa se impulsaron 166 novas prazas públicas de atención á discapacidade e esta mesma semana o Consello da Xunta deu o visto bo ao aumento na orde de axudas para crear máis unidades de atención temperá

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS