O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, salienta a importancia que a intelixencia artificial ten en moitos ámbitos do día a día, mellorando a vida das persoas. Deste xeito, remarca a necesidade de garantir un uso seguro e ético desta tecnoloxía e destaca que Galicia vai á vangarda europea neste eido.
Principios comúns entre comunidades
Ao rematar a xornada, representantes de doce gobernos autonómicos mantiveron un encontro, co obxectivo de establecer uns principios comúns para a xestión ética e responsable da intelixencia artificial que poidan ser asumidos por todas as Comunidades Autónomas.