domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsSucesosCondenado a catro anos e medio de cárcere por agredir a unha...

Condenado a catro anos e medio de cárcere por agredir a unha parella nunha terraza de Muxía

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a este home ademais a un pagamento dunha multa económica

O suceso acontecera en xuño de 2020. En concreto, o tribunal considerouno autor dun delito de lesións con instrumento perigoso e dun delito leve de lesións, concorrendo en ambos os casos a circunstancia agravante de reincidencia.

Ademais, impúxolle o pagamento de 5.006 euros a unha das vítimas e, á outra, de 250 euros, en concepto de responsabilidade civil. O tribunal considera probado que o acusado lle asestou ao home un ou dous golpes “directamente na cabeza” cun “pau de madeira ou barra contundente”, polo que quedou aturdido. O condenado, segundo a sentenza, continuou agredíndoo, tanto a el como á súa parella, quen lle gritou que estaba embarazada, a pesar do cal “chegou a darlle na altura da barriga e non cesou na súa acción ata a intervención dun terceiro que o afastou”.

A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS