viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasBaiona programa máis de 150 actividades para este verán

Baiona programa máis de 150 actividades para este verán

Baiona prepara un amplo programa de actividades para este verán, con más de 150 propostas para todos os membros da familia. Así, a axenda de “Baiverán 2024”, que presentou o Concello hoxe, inclúe concertos e actuacións musicais, monólogos, contacontos, espectáculos familiares, ciclos de conferencias, charlas, veladas musicais e literarias, festas populares, festivais de música, exposicións, visitas guiadas e outras actividades populares realizadas polos distintos colectivos e asociacións de Baiona e do Val Miñor.

“O noso obxectivo principal é brindar tanto ao veciños, persoas visitantes e turistas a oportunidades de desfrutar dun verán excepcional nun lugar que se distingue pola súa excelencia turística nas Rías Baixas”, destaca o alcalde, Jesús Vázquez Almuiña.

Podes consultar toda a programación na seguinte ligazón:

https://www.baiona.gal/wp-content/uploads/2024/06/Baiveran-2024.pdf

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS