Así o resaltou tarde en Sanxenxo, no acto de presentación do Proxecto Tintilán, una iniciativa levada a cabo polos emprendedores Beatriz Castro e Antonio Luaña que consiste no primeiro bus turístico que percorrerá a comarca do Salnés. Está previsto que faga un percorrido de 114 km con 28 paradas, pasando por dez municipios distintos, co obxectivo de achegar aos visitantes aos sitios máis destacados da zona.
O mandatario galego deu os parabéns aos promotores do proxecto e animou aos visitantes nacionais e internacionais a desfrutar este verán dun turismo san e único en Galicia, pero tamén a facelo nos restantes meses do ano: “O turismo en Galicia pode seguir medrando, con sentidiño e de xeito sustentable, e pode ser unha enorme riqueza para Galicia”, concluíu Rueda.