viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Rosal renova o seu alumeado público para aforrar un 72% en...

O Rosal renova o seu alumeado público para aforrar un 72% en consumo enerxético

O Concello do Rosal renovará a súa rede de alumeado público municipal desenvolvendo un proxecto que supón un investimento de 1,2 millóns de euros e que permitirá mellorar a eficiencia das luminarias, reducindo o consumo enerxético nun 72%.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, salienta que “a modernización das luminarias non só representa un aforro enerxético e económico para o Concello, senón que tamén é un grande avance na nosa loita contra o cambio climático e na consecución dos obxectivos da nosa Axenda 2030. Temos que dar exemplo de como as administracións locais poden liderar o camiño cara á transición ecolóxica”.

A modernización do alumeado público é un proxecto para o que o Concello conseguiu captar case 1,2 millóns de euros de fondos europeos NextGenerationEu ao abeiro do DUS 5000 do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, un programa destinado ao investimento en proxecto singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico. A través deste proxecto, o Concello renovará 2.814 luminarias públicas, das que 2.463 están xa a ser substituídas por novas lámpadas de tecnoloxía LED.

Como sinala o concelleiro de Vías e Obras, Germán Fernández, “estamos a traballar con tecnoloxía de última xeración para ofrecer á veciñanza un alumeado público eficiente, fiable e respectuoso co medio ambiente”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS