O titular do executivo galego, acompañado pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou o domicilio dun dos doentes diagnosticados con esta enfermidade, e beneficiario da convocatoria anterior, para coñecer de primeira man as súas necesidades e as da súa familia.
Rueda chamou a atención sobre o feito de que, ademais de facer fronte á enfermidade, os doentes teñen que afrontar tamén numerosos gastos. De aí que a Xunta decidise poñer en marcha o ano pasado unha orde de axudas específica para os afectados, converténdose na primeira comunidade en facelo. Así, os doentes poden recibir ata 12.000 euros para poder afrontar estes gastos, “unhas axudas que só a Xunta de Galicia está concedendo en toda España”, destacou o presidente.
O ano pasado recibiron esta axuda preto de 200 persoas, que poderán volver solicitala nesta convocatoria. Ademais, e como novidade nesta edición, tamén poderán ser beneficiarios os afectados por Esclerose Lateral Primaria e Amiotrofia Espiral Progresiva.
Tamén Manu, o enfermo de ELA que visitaron, destacou a importancia desta axuda: