A Garda Civil do Porriño detivo a tres persoas por un delito de tráfico de drogas ao descubrir unha plantación de marihuana interior con todo o seu sistema de temperatura e ventilación, nunha vivenda en Mos, alugada por un dos detidos, sendo os outros dous amigos deste, que colaboran nos labores da plantación.
O operativo lévase a cabo logo dunha chamada anónima, que propicia unha vixilancia nas inmediacións da vivenda e a identificación do arrendatario, o cal consinte voluntariamente o acceso á casa, polo que se procede a realiza a entrada e rexistro da mesma e confírmanse as sospeitas ao atopar a plantación.
Os axentes incautan 184 plantas de marihuana, 10 bolsas de cogollos envasados, cun peso aproximado de 5 kg e diferentes aparatos eléctricos e electrónicos necesarios para levar a cabo dita plantación (lámpadas, medidores de temperatura e humidade, sistema de ventilación, filtros, etc.).
Os tres detidos, dous homes e unha muller, de 39, 40 e 27 anos son trasladados ao cuartel da Garda Civil do Porriño onde se investigan por un suposto delito de tráfico de drogas.
Os dous amigos, un home e unha muller de 40 e 27 anos, veciños de Vigo atópanse en situación irregular en España, polo que se pon en coñecemento da Policía Nacional.
Posteriormente quedan en liberdade en sede policial, pendentes da citación por parte do Xulgado de Instrución do Porriño.