viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeAxudas para que os concellos dixitalicen as súas redes de saneamento

Axudas para que os concellos dixitalicen as súas redes de saneamento

A Xunta lanza un concurso para apoiar aos concellos de menos de 20.000 habitantes que queiran dixitalizar as súas redes de abastecemento en alta e optimizar así o uso da auga controlando en tempo real a súa calidade.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou a estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Pobra do Caramiñal, onde explicou que o Diario Oficial de Galicia publica este mércores unha resolución de Augas de Galicia pola que se aproban as bases reguladoras para a selección dos concellos interesados no desenvolvemento, implantación e posta en marcha dunha rede autonómica de estacións dixitais para facer un seguimento continuo dos seus sistemas de abastecemento.

Este procedemento, detallou, é a primeira vez que se pon en marcha en Galicia e supón ofrecer aos gobernos locais a posibilidade de replicar un modelo de dixitalización das infraestruturas hidráulicas que xa está implantado na práctica totalidade das estacións depuradoras que xestiona o Executivo galego, como é a da Pobra do Caramiñal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS