viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeAvanza a circunvalación sur de Ourense que conectará coa A-52

Avanza a circunvalación sur de Ourense que conectará coa A-52

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou na presentación deste proxecto estratéxico

A Xunta inicia o trámite de información pública a efectos da Lei de Estradas e expropiatorios do proxecto de trazado do treito Bemposta – N-525, que pechará a circunvalación polo sur conectando coa A-52 cun investimento de 9,8 millóns de euros. Martínez Allegue avanzou que unha vez aprobado o trazado convocaranse os actos expropiatorios, pecharase o proxecto construtivo e poderase proceder a licitar a obra. Segundo esta planificación, apuntou que se prevén iniciar en 2026 os traballos, que terán un prazo de execución de dous anos.

A conselleira fixo fincapé en que esta actuación reducirá o tempo de viaxe, cun importante acurtamento na distancia de percorrido ata a autovía A-52, pasando de 7 minutos a pouco máis dun. Tamén remarcou o reforzo da seguridade viaria que suporá esta intervención, ao sacar tráfico do centro de Ourense, desconxestionando o tránsito de rúas como Marcelo Macías ou a Avenida de Zamora.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS