viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA intelixencia artificial axudará a mellorar a empregabilidade en Galicia

A intelixencia artificial axudará a mellorar a empregabilidade en Galicia

A Xunta moderniza o sistema público de emprego co apoio da intelixencia artificial para avanzar na cobertura de vacantes e favorecer a empregabilidade

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, destacou este mércores que o Goberno galego traballa na modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia co apoio da intelixencia artificial, a través de ferramentas como EMi, co fin de cubrir as vacantes laborais existentes en Galicia e de favorecer a ocupación das persoas que estean buscando activamente emprego.

Así o expuxo durante a rolda de prensa na que se deu conta do funcionamento deste software, que está dispoñible nas 54 Oficinas de Emprego de Galicia e que facilita a conexión da oferta e demanda en tempo real mediante recomendacións baseadas na intelixencia artificial.

Esta ferramenta, pioneira en España e en Europa, ten como principal función o perfilado competencial co fin de localizar o mellor talento e as persoas que recorran a el poidan consolidar a súa traxectoria profesional. Nesta liña, José González lembrou que a semana pasada na reunión que mantivo en Bruxelas con representantes da Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión da Unión Europea se recoñeceu a EMi como unha ferramenta diferencial e aliñada coas políticas que se están a preparar para implantar nas diferentes rexións europeas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS