O pasado venres tivo lugar a clausura do curso para o alumnado da EFA A Cancela, onde se celebrou a Graduación da promoción 2022-2024.
A celebración comezou coa Santa Misa na capela da EFA A Cancela e posteriormente, as persoas transladáronse ao Auditorio José Gil de As Neves para dar lugar ao acto de Entrega de Títulos a todos e todas as alumnas.
O evento estivo presenciado por Dna. Lara Fernández González, quen lles adicou unhas emotivas palabras a todos os alumnos e alumnas. Tamén contou coa presenza de D. Enrique Rodríguez Rendo, vicepresidente da Federación de EFAs de Galicia; D. Paco González, xerente do GDR Terra e Auga; Dna. María del Carmen Gil, presidenta da Asociación EFA A Cancela e por último o Alcalde de As Neves, José Manuel Alfonso.
No acto proxectouse a memoria do curso 2022-2024, onde se poideron visualizar todas as actividades e proxectos realizado durante o curso. Posteriormente, prodeceuse á entrega de Diplomas e á imposición de Becas onde participaron todos os presentes mencionados anteriormente.
Xa chegando ao remate, o alumnado procedeu á lectura dos seus discursos, rememorando todo o aprendido nesta etapa tanto a nivel persoal como profesional.
Finalmente, os asistentes transladáronse de novo ás instalacións da EFA A Cancela para desfrutar dun aperitivo en boa compañía.
«Grazas ás institucións, empresas, entidades, expertos e colaboradores que participan cada ano no noso proxecto formativo, así como ás familias que confiaron en nós para esta tarefa formativa e, especialmente, grazas ao noso alumnado pola súa dedicación e compromiso», afirmaban dende o centro.
Deixámosvos a continuación unha entrevista realizada á presidenta da Asociación EFA A Cancela, María del Carmen Gil