domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsActualidadeFalece unha septuaxenaria e dous homes quedan feridos graves nun accidente kamikaze...

Falece unha septuaxenaria e dous homes quedan feridos graves nun accidente kamikaze na Autovía do Salnés

O choque foi frontal e de grande impacto. A persoa que perdou a vida viaxaba acompañante no coche que circulaba en sentido contrario

Un dos vehículos circulaba indebidamente. Así o confirmaron os axentes da Garda Civil de Tráfico a través do 112 Galicia: tratábase do mesmo coche que un pouco antes viuse acceder á Autovía do Salnés por Barro e dirixíase cara Sanxenxo polos carrís en sentido Pontevedra.

Dúas chamadas, a do vehículo que circulaba en sentido contrario e a do accidente, que se efectuaron ao 112 Galicia con escasos minutos de diferencia, arredor das 10.20 horas deste martes.

Ese coche que ía en sentido contrario bateu contra outro ao paso por Meis e as persoas que ían no interior quedaron atrapadas. Na súa liberación traballaron os Bombeiros de Ribadumia e Vilagarcía, aínda que, finalmente, unha das persoas faleceu e a outra resultou ferida. Tamén resultou ferida a persoa que circulaba no outro coche implicado, da que era o único ocupante.

O 061 enviou ao lugar dúas ambulancias asistenciais, un helicóptero (o cal finalmente non acudiu debido á néboa existente nese mommento) e persoal sanitario de Atención Primaria de Meis. Foron atendidos e trasladados ao Hospital de Montecelo tres pacientes: unha muller de 71 anos (HMS, que finalmente faleceu) e dous homes un de 46 anos (MGM) e outro de 51 (RCR), que ingresaron en estado grave na UCI.

Ademais dos efectivos de salvamento, neste operativo colaboraron os voluntarios de Protección Civil de Meis e os axentes da Garda Civil de Tráfico, quen realizaron as investigacións necesarias para determinar que se trataba do mesmo vehículo que pouco antes viuse entrar en sentido contrario á autovía.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS