viernes, octubre 18, 2024
InicioA terraMedio AmbienteUn millón de euros para a conservación de máis de 150 km...

Un millón de euros para a conservación de máis de 150 km de ríos galegos

A Xunta de Galicia realizou no que vai de ano 78 actuacións de conservación e mantemento en máis de 150 quilómetros de ríos da demarcación Galicia-Costa cun investimento de máis de 980.000 euros.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, que visitou este martes o río Artes, en Ribeira, explicou que este tipo de traballos consisten na retirada de árbores caídas nas canles fluviais, a limpeza das marxes, o control de especies exóticas invasoras e a eliminación de obstáculos que impidan o discorrer libre das augas.

Nesa liña, a responsable autonómica incidiu en que os 152 quilómetros nos que se leva actuado desde xaneiro equivalen á distancia que hai entre A Coruña e Vigo e que para o segundo semestre hai orzamentados 1,5 millóns de euros para labores deste tipo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS