domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsActualidadeUn bombeiro sofre un golpe de calor cando sufocaba un incendio nun...

Un bombeiro sofre un golpe de calor cando sufocaba un incendio nun camión na A-52

Trátase dun membro do parque comarcal do Carballiño, que tivo que ser evacuado ao Complexo Hospitalario de Ourense

El mesmo solicitou, a través do 112 Galicia, a asistencia médica debido a un posible golpe de calor mentres trataban de sufocar un incendio nun camión, que transportaba pezas de vehículos.
Un lume complexo por momentos, segundo indican dende o 112, porque se propagou a unha zona de monte, o que obrigou a intervir aos equipos dos distritos forestais máis próximos. De feito, resultou afectada unha pequena parte sen maiores consecuencias para a contorna.
Pola súa parte, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ocupáronse da evacuación do bombeiro ferido ao Hospital de Ourense, mentres seguía adiante a extinción do lume coa colaboración dos membros do GES de Ribadavia, que foron alertados polo 112 Galicia en canto se coñeceu o incendio pasadas as nove da noite deste luns.
Finalmente, o camión resultou completamente calcinado sen que o condutor sufrise danos. De feito, foi dos primeiros en intentar a extinción mediante o uso dun extintor.
Cómpre indicar que o suceso produciuse na A-52, no punto quilométrico 240, en Feás, Toén.

Denuncia
Nas redes sociais do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento de Ourense denuncian este “accidente laboral dun compañeiro por estar dous bombeiros de garda incumprindo a dotación mínima de tres efectivos”. As mesmas fontes indican que “o lume propagouse á masa forestal e dada a situación os dous compañeiros tiveron que empregarse a fondo ata que un deles acabou no hospital por un golpe de calor. Cinco horas de intervención na que parte delas só estivo un bombeiro apagando o lume”

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS