jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasRibadavia desprega a bandeira LGTB+

Ribadavia desprega a bandeira LGTB+

Loce durante toda esta semana na fachada da casa consistorial

Ao longo de toda esta última semana do mes de xuño, a fachada do Concello de Ribadavia loce a bandeira LGTB+.
Segundo indican fontes municipais, esta acción simboliza o compromiso do municipio coa diversidade, a igualdade e o respecto por todas as orientacións sexuais e identidades de xénero. Así, convidan a toda a cidadanía a unirse a na celebración do orgullo e a inclusión.

Actividades para a cativada

Con motivo da conmemoración desta xornada, dende a OMIX organizaron unha serie de acatividades dirixidas á cativada de 6 a 10 anos. Deseño de carteis, pintacaras e manualidades realizaranse este mércores, 26 de xuño, a partir das 11.00 horas na igrexa da Madalena. Para participar é preciso inscribirse a través de Instagram (omix.ribadavia) ou enviando un correo electrónico ao enderezo actividadeslocalesribadavia@gmail.com

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS