lunes, septiembre 16, 2024
InicioNewsComarcasIván, o primeiro Machado con formación profesional no Porriño

Iván, o primeiro Machado con formación profesional no Porriño

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiu na casa consistorial a Iván Machado, un mozo porriñés, de 16 anos, que superou con éxito o primeiro curso da Formación Profesional Básica de Comercio, sendo o primeiro membro da súa familia, que se adica á venda ambulante, en chegar tan alto na súa formación académica.

O mozo conta co apoio incondicional dos seus pais, Lucía e Santiago,  dos seus profesores, que o seleccionaron para cubrir unha das 17 prazas dispoñibles este curso, e das traballadoras sociais do Concello. A súa determinación e inquedanzas foron fundamentais para que rematara con éxito o primeiro curso do ciclo, un fito para a súa familia.

Ademais de acudir ás clases ao IES Ribeira do Louro, Iván conta coa axuda do programa de inclusión social do Concello do Porriño. Estas clases de apoio, impartidas pola súa profe Rosa,  baseanse non só no contido das materias, senon tamén en técnicas de estudo e metodoloxías de traballo. Ademais, desenvólvense nun ambiente de estudo idóneo e un ambiente tranquilo, sen ruidos, que propician a concentración.

Iván confesa que o ano que ven acabará esta titulación e que a súa intención é seguir formándose tamén en outras especialidades, como a soldadura.

O alcalde animouno a seguir formándose para poder optar a máis opcións laborais e salientou que “é un exemplo de esforzo e determinación e estamos moi orgullosos dos seus éxitos,  falo no meu nome e no do seu pobo. Iván será o espello no que moitos e moitas poidan reflexarse”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS