domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsSucesosAtropelado un ciclista no Pereiro de Aguiar e un motorista tendido en...

Atropelado un ciclista no Pereiro de Aguiar e un motorista tendido en Allariz

As estradas da provincia de Ourense veñen de rexistrar dous sinistros con dúas persoas feridas nas últimas horas

O ciclista presentaba posible fractura de tibia e peroné, e foi evacuado, consciente, no helicóptero medicalizado con base en Ourense. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse pasadas as nove da noite deste luns na OU-0510, ao paso pola parroquia de Covas, nun cruce en dirección ao Campo de Fútbol de Loñoa.

Quen chamou ao 112 para pedir axuda explicou que o ciclista fora alcanzado por un vehículo e precisaba asistencia médica urxente. Deste xeito, activouse o operativo formado por sanitarios, membros do GES do Pereiro de Aguiar e Garda Civil de Tráfico.

Motorista tendido no chan en Allariz
Igualmente, na provincia de Ourense, produciuse esta madrugada outro sinistro. Neste caso, un motorista, que foi localizado no chan na estrada vella de Allariz a Guindiás.

O 112 Galicia recibiu información por parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaban unha dotación, e puxo en marcha cos protocolos correspondentes para a mobilición de recursos de Protección Civil da localidade e axentes da Garda Civil de Tráfico.

Malia que estaba consciente, o motorista parecía bastante desorientado cando foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS