A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, presentou este martes no Parlamento galego o proxecto de Lei Promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia que cualificou como “única” en Europa e “exclusiva” pola riqueza natural diferenciada de Galicia.
“Esta lei nace cun espírito transformador e cunha idea moi clara: converter a riqueza natural de Galicia en riqueza social”, subliñou Lorenzana na súa intervención na comisión parlamentaria.