domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsActualidadeGalicia avanza cara á neutralidade climática a un ritmo tres veces maior...

Galicia avanza cara á neutralidade climática a un ritmo tres veces maior que España e Europa

As emisións netas de gases de efecto invernadoiro baixaron en Galicia un 19,5%

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salienta que, desde a aprobación, en 2019, da Estratexia galega de cambio climático e clima 2050 (EGCCE 2050), as emisións netas de gases de efecto invernadoiro baixaron en Galicia un 19,5%, “tres veces máis que a media española (6%) e que a europea (6,1%)”.

Estas declaracións fíxoas durante a súa visita ás instalacións de Vertex Bioenergy, co gallo da adhesión desta empresa, líder na produción de bioetanol en España, á Alianza galega polo clima, iniciativa que conta xa con máis de 140 entidades adheridas. A Xunta promoveu en 2022 a Alianza galega polo clima co obxectivo de conectar ao tecido produtivo e social galego de cara a traballar contra o quecemento global, facer máis resiliente á Comunidade e establecer pautas de actuación para alcanzar a neutralidade climática.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS