Foi pouco antes das 09.00 horas deste luns desde unha zona residencial situada na rúa do Souto, en Marín. Por alí pasa o río Lameira, onde o alertante atopou o corpo aboiando.
Decontado, o xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos axentes de seguridade da Policía Nacional e Local, que enviaron senllos equipamentos ao lugar dos feitos.
Tamén se sumaron os Bombeiros do Morrazo debido á complexidade para o rescate do corpo, non tanto pola profundidade -hai apenas un metro-, senón pola dificultade de acceso.
De momento, descoñécense as circunstancias deste suceso, aínda que os axentes de seguridade comezaron o proceso de investigación pertinente co fin de recoller toda a información sobre as causas.