viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA noite de San Xoán deixa preto de 300 incidencias en Galicia

A noite de San Xoán deixa preto de 300 incidencias en Galicia

O 061 atendeu 61 intoxicacións, sete accidentes de tráfico e cinco queimaduras

Ningún dos incidentes rexistrados resultou ser de gravidade. Segundo a información recollida por Emerxencias Galicia, foi unha noite con bastante actividade: contabilizáronse 1.189 chamadas ao 112 desde as oito da tarde do domingo ata as nove desta mañá de luns.

Pouco se diferenciou esta noite de celebración coa edición do 2023. De feito, a cantidade de incidencias xestionadas foi similar: 298 en 2024 fronte as 294 en 2023. No que se refire á súa tipoloxía, as solicitudes de asistencias sanitarias foron as máis numerosas (98 en 2024). Nesta edición, algunhas tiveron relación con queimaduras (8) ou mazaduras cando as persoas trataban de saltar as cacharelas. Mais nada de gravidade, segundo a información recollida no 112.

Tamén foron reiterativos os requirimentos das forzas da orde (60), xa sexa por pelexas, roubos ou por vandalismo, e os incendios (23), fundamentalmente por fogueiras fóra de control.

61 intoxicacións, sete accidentes de tráfico e cinco queimaduras

Por outra banda, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na pasada Noite de San Xoán 61 intoxicacións etílicas ou por drogas, a maioría na provincia da Coruña; sete accidentes de tráfico, no que foron asistidas sete persoas, dúas delas no punto e as outras cinco foron trasladadas a centros sanitarios, e cinco queimaduras provocadas polas fogueiras, catro persoas en Pontevedra e unha na Coruña, todas elas precisaron ser trasladadas a un centro hospitalario.

San Xoán sostible e respectuoso co medio ambiente
Dende a Xunta de Galicia fíxose un chamamento á cidadanía para que celebrase a noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente. Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS