viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsActualidadeOs mellores expedientes da ABAU “son un orgullo para Galicia”

Os mellores expedientes da ABAU “son un orgullo para Galicia”

O conselleiro de Educación participou este venres nun acto con máis de 4.000 asistentes no que se recoñece a un milleiro de alumnos cos mellores expedientes nestas probas

Román Rodríguez anima aos alumnos máis excelentes da ABAU a apostar pola universidade pública galega, gratuíta e con titulacións variadas e de calidade.

Román Rodríguez gabou o seu “sacrificio, dedicación, esforzo e constancia” na recta final de Bacharelato así como o “apoio imprescindible e a transmisión de valores” das súas familias para acadar “un rendemento académico de excelencia que vos fai ser un orgullo para Galicia”.

Lembra que serán a primeira xeración que van poder completar os seus estudos universitarios cen por cen gratuítos e agradece o labor dos profesores por “inculcar paixón” aos seus alumnos así como o apoio constante das familias, que non terán que desembolsar matrícula o próximo ano.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS