lunes, septiembre 16, 2024
InicioNewsComarcasO I Plan Integrado de Emprego de Ponteareas incorpora ao mundo laboral...

O I Plan Integrado de Emprego de Ponteareas incorpora ao mundo laboral ao 43% dos participantes

Cen persoas constrúen o seu futuro laboral da man do Plan Integrado

Cen persoas beneficiarias, seis meses de implantación e un 40% de integración laboral é o balance a día de hoxe do primeiro Plan Integrado de Emprego de Ponteareas. «Os datos avalan a eficacia do plan e a eficiencia da metodoloxía baseada nun deseño individual e personalizado de cada itinerario no que se descubren as potencialidades de cada persoa e se trace o camiño a seguir», así o informa a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro.

Mellorar as taxas de emprego en Ponteareas é un dos obxectivos prioritarios para a alcaldesa que xunto á concelleira de Emprendemento, Silvia Fernández, visitou ao alumnado beneficiario do Plan Integrado de Emprego que nestes días adquire coñecementos de hostalaría.

“Acompañar, apoiar e animar son parte dos principios que sustentan o empeño do goberno de Ponteareas en implantar políticas de emprego activas, programas e iniciativas que formen, habiliten e nutran ás persoas que procuran emprego”, así o traslada a alcaldesa de Ponteareas.

O primeiro PIE de Ponteareas supón unha oportunidade de mellora non só formativa tamén laboral e persoal para 100 persoas que dende o mes de novembro participan nas distintas formacións técnicas e teóricas programadas. A peculiaridade do Plan Integrado de Ponteareas vai máis aló da formación, segundo explica a alcaldesa, e persegue un coñecemento das persoas beneficiarias para descubrir as súas motivacións, cualidades e fortalezas para realizar un deseño da formación que deben recibir e logo acompañalos na procura de emprego.

A edil de Emprendemento explica que se traballa en adquirir recursos e técnicas de mellora da aptitude e tamén da actitude para acadar o éxito na inserción laboral. Guiados por profesionais en formación e orientación laboral aprenden a afrontar unha entrevista de traballo, a redactar o seu curriculum, descubren novas posibilidades, reciben formación en distintas materias tendo en conta a demanda do mercado laboral e adquiren seguridade á hora de relacionarse laboralmente. As e os técnicos do Plan Integrado de Emprego traballan en rede dun xeito colaborativo co tecido comercial e empresarial para atopar solucións laborais.

Ao longo dos meses de duración o Plan Integrado realiza un acompañamento integral e posibilita a realización de prácticas en diferentes empresas da contorna. Ao remate do curso as persoas participantes terán adquiridos coñecementos de ferramentas de procura de emprego, atención ao público, carretilleira/o, albanelería, hostalaría, atención ao cliente, caixeira, almacén e loxística, operario de automoción, fontanería, electricidade e recursos dixitais entre outros moitos pero sobre todo, seguridade en si mesmo para crer nas súas capacidades, sendo ese o éxito do programa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS