lunes, septiembre 16, 2024
InicioNewsComarcasO Concello de Mos recolle o seu galardón da “Escoba de Plata”

O Concello de Mos recolle o seu galardón da “Escoba de Plata”

Recibiu o prestixioso premio nacional polo traballo realizado dende o Concello para o fomento da reciclaxe, a mellora da sustentabilidade e a limpeza urbana, a xestión de residuos, a diminución de emisións, e a sensibilización e comunicación ambientais

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, vén de recibir o prestixioso premio nacional “Escoba de
Plata” que lle foi concedido ao Concello polo Plan Municipal CoidaMos. A administración local mosense recolleu o galardón en Madrid na Feira Internacional TECMA.


A deste ano 2024 trátase da XIX edición do Concurso “Escobas de Plata” organizado por
ATEGRUS, Membro Nacional de ISWA, que promove esta nova convocatoria do concurso nas categorías de Prata, Ouro e Platino.


O concurso está dirixido a Municipios, Deputacións, Mancomunidades, empresas prestatarias de servizos, enxeñerías, consultorías, fabricantes de bens de equipo, instalacións para a xestión de residuos e aseo urbano, universidades, centros tecnolóxicos e de formación, etc.


A competición valora aquelas actuacións realizadas para mellorar a contorna e apostar pola
sustentabilidade, premiando os esforzos encamiñados a estimular os avances tecnolóxicos e de concienciación, que sirvan para mellorar a calidade de vida e protexer o medioambiente.


O Concello de Mos presentouse á categoría “Escoba de Plata”, na que resultou vencedor polo seu “proxecto de reorganización dos servizos de limpeza e recollida, potenciando a prevención na xeración de residuos, a reutilización e a reciclaxe”. Precisamente estes días desde a administración local mosense iniciouse o reparto entre os particulares solicitantes de composteiros e de contedores de reciclaxe de pilas en todas as 10 parroquias mosenses; e na vindeira semana dará comezo a campaña ‘Ti tes a chave’ para a implantación dos colectores marróns de fracción orgánica. “Afianzando así o compromiso do Concello e da veciñanza coa limpeza, construíndo un municipio sostible desde o punto de vista ambiental, económico e social”. Tal e como explicaba a proipia representante municipal, Nidia Arévalo.


A participación neste concurso e este galardón veñen a ampliar e dar continuidade ás
iniciativas enmarcadas na novidosa e pioneira campaña medioambiental mosense CoidaMos.


Así, continúase a implementar a nova campaña municipal CoidaMos, por un Mos máis limpo. Campaña que, desde a súa presentación e posta en marcha en novembro do ano pasado, xa está a dar os seus froitos con resultados visibles e que se materializan tamén en recoñecementos como este premio “Escoba de Plata” e a Bandeira Azul para o Paseo do Louro.


Esta campaña CoidaMos céntrase na difusión da información dos servizos ao dispor dos veciños. Ten como obxectivo concienciar e informar á poboación.

O Concurso “Escobas” de Prata, Ouro e Platino
Celébrase dentro do marco de actividades de TECMA 2024 – Feira Internacional do Urbanismo e do Medio Ambiente, que ten lugar en IFEMA, Madrid, do 18 ao 20 de xuño.


O concurso celébrase dentro da iniciativa de ATEGRUS por apoiar, premiar e difundir o bo
facer da xestión dos residuos e o aseo urbano, así como a elaboración de proxectos e o
desenvolvemento de tecnoloxías que permitan unha xestión sostible da nosa contorna.
Este certame vén desenvolvéndose desde 1987, a primeira edición do certame foi convocada pola Unión Europea dentro do Ano Europeo de Medio e a súa organización en España foi encargada ao Membro Nacional da ISWA, ATEGRUS. As edicións seguintes tiveron lugar desde 1990 cunha periodicidade bienal.


Prémianse aqueles traballos que contribúan a aumentar a reciclaxe, a establecer mellores
servizos de limpeza urbana, a realizar unha correcta xestión de residuos, a protexer a contorna, a diminuír as emisións, a realizar campañas de sensibilización e comunicación ambiental, a fomentar a sustentabilidade etc.


O Xurado está constituído por expertos de recoñecido prestixio nas materias obxecto deste certame. Os membros do xurado están obrigados a velar pola confidencialidade das votación y e as súas decisións son irrevogables.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS