domingo, septiembre 8, 2024
InicioConcellos +A CañizaCinco concellos do Condado Paradanta esixen ao Ministerio de Transporte o enlace...

Cinco concellos do Condado Paradanta esixen ao Ministerio de Transporte o enlace á A-52 sentido Ourense

A Cañiza, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo envían ao Ministerio un documento conxunto xunto co proxecto de execución

As alcaldías dos concellos de A Cañíza, As Neves, Covelo, Mondariz e Mondariz Balneario unen forzas para esixir ao Ministerio de Transportes que se proxecten e se executen as obras necesarias para completar a mobilidade en ambos sentidos no enlace de Lentille da autovía A-52, na saída 282, de forma que se complete a incorporación na A.52 dirección Ourense – Madrid e a saída de retorno de Ourense – Madrid.

Os alcaldes acadan tamén o apoio da Asociación de Empresarios de Transporte (Asetranspo), da Asociación de Empresarios Turísticos do Condado Paradanta e Salceda de Caselas e de empresas como Hotel CEMAR e Balneario de Mondariz.

Estas cinco alcaldías remitirán un escrito á delegación do Gobeno en Galicia e ao Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible adxuntando xa o proxecto técnico selado por un enxeñeiro civil e de obras públicas colexiado do CITOPIC para que só teñan que comprometer os fondos que o fagan posible.

As alcaldías propoñen que se estude e se teña en conta a solución proposta polos concellos implicados por parecerlles a menos gravosa e que completaría a totalidade de movementos en ámbalas dúas direccións, sen prexuízo de calquera outra que os técnicos do ministerio consideren máis oportuna

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS