domingo, septiembre 8, 2024
InicioComarcasAllariz-MacedaAllariz vístese de cores para o Día do Orgullo LGTBI

Allariz vístese de cores para o Día do Orgullo LGTBI

O próximo 28 de xuño, Allariz sumarase a celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI+, unha data emblemática dedicada á loita pola igualdade e a diversidade

O Concello de Allariz anima a todas as persoas con negocios locais a participar activamente na creación dun ambiente festivo e inclusivo. Para iso, suxírese decorar escaparates e fachadas con bandeirolas, globos, carteis e outros elementos que representen as cores do arco da vella.

O Concello de Allariz dará difusión á participación dos negocios nas súas redes sociais e na prensa local. Ademais, organizarase un pequeno concurso, aberto ata o 7 de xullo, no cal se premiarán os mellores escaparates decorados para esta ocasión.
As persoas interesadas poden enviar fotos dos seus escaparates á dirección de correo electrónico comercio@allariz.gal e etiquetar as súas publicacións nas redes sociais cos hashtags #OrgulloAllariz #LGTBI+ #Igualdade #Diversidade

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS