No seu auto de transformación da causa en procedemento abreviado, a maxistrada instrutora dá traslado das actuacións ao Ministerio Fiscal para que, no prazo de dez días, solicite a apertura de xuízo oral formulando escrito de acusación ou o sobresemento da causa.
Ferrer afirma que o actuado ata o momento permite afirmar, dende a análise indiciaria que o momento procesal reclama, que na tarde do día 23 de abril de 2023, o senador José Manuel Baltar Blanco conducía un vehículo pola autovía A-52, sentido Benavente, cando ao alcanzar o punto quilométrico 66,900, dentro do termo municipal de Asturianos, o aparato de medición alí instalado, detectou que o mismo circulaba a unha velocidade de 215 km hora e a velocidade máxima permitida nese punto é de 120 km/h.