A delegación española está formada por unha trintena de deportistas (entre xogadoras e persoal técnico, encabezado polo seleccionador, o ourensán Carlos García Cuenca).
Tamén participaron no acto os presidentes da Real Federación Española de Hóckey, Santiago Deó, o presidente, Roberto Baratta, e o vicepresidente, Fran Masid, da federación galega, e o deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.
Xogadoras, seleccionador e presidente da Federación coincidiron en expresar o seu agradecemento á cidade pola hospitalidade recibida e o seu desexo de regresar dos Xogos de París cunha medalla olímpica