España enteira e especialmente Madrid celebra este mércores, 19 de xuño, o décimo aniversario do ascenso ao trono da súa Maxestade Felipe VI, converténdose en rei de España.
Con tal motivo, sucédense diversos actos por todo o territorio nacional. Aquí en Galicia, a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu aos actos organizados polo Exército de Terra en Galicia e Asturias, na praza da Constitución.
Xa pola tarde, en Madrid, o director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participará no acto institucional «Doce académicos reflexionan sobre los 10 primeros años del reinado de Felipe VI», no salón de actos da Real Academia Española.