jueves, noviembre 21, 2024
InicioActualidadeMedio AmbienteAs comarcas do Ribeiro e Celanova en alerta pola flavescencia dourada

As comarcas do Ribeiro e Celanova en alerta pola flavescencia dourada

A Xunta informa da obriga de aplicar tratamento insecticidas para a loita contra esta enfermidade

A Flavescencia Dourada da vide é unha doenza provocada polo organismo denominado Grapevine flavescence dorée phytoplasma, que provoca a morte das plantas de vide. Esta enfermidade é transmitida por un insecto vector chamado Scaphoideus titanus.
Dende o mes de maio, a Xunta de Galicia ven facendo un seguimento da evolución do insecto vector desta enfermidade. As ninfas atópanse no seu estado máis avanzado, polo que este é o momento máis axeitado para aplicar os tratamentos insecticidas, obrigados na zona demarcada e recomendados nas zonas vitícolas lindeiras a estas.
A Consellería do Medio Rural emitiu o aviso fitosanitario para informar aos viticultores sobre a obriga de uso de produtos insecticidas autorizados contra o Scaphoideus titanus. A zona demarcada na provincia de Ourense comprende os concellos de Arnoia, Cortegada, Padrenda, Pontedeva, Gomesende (parroquias de A Guía, O Pao, San Lourenzo, Penosiños, Poulo) e Quintela de Leirado (parroquias de Quintela de Leirado, Leirado, Mociños e Redemuíños).

Na páxina web da Consellería pode consultarse a listaxe das materias activas e formulados autorizados para estes tratamentos fitosanitarios así como as parroquias onde é obrigado o tratamento.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS