Unha delegación do Partido Popular de Galicia, encabezada pola secretaria xeral Paula Prado e alcaldesas do partido nos concellos galegos, así como outras representantes municipais, realizan a partir deste martes unha visita á sede do Parlamento Europeo en Bruxelas acompañadas polos eurodeputados Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez.
Unha viaxe de traballo de carácter municipalista que coincide co primeiro aniversario da toma de posesión das 28 alcaldesas do PPdeG –o partido con máis rexedoras de Galicia– e na que os populares galegos se marcan como obxectivo trasladar a Europa as prioridades da nosa Comunidade e especialmente dos concellos.
Paula Prado:
Entre o mércores e o xoves, a delegación do PPdeG terá unha axenda de visitas e reunións na que destacan un encontro coa presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, e outro co administrador do Comité de Fondos Rexionais do Parlamento Europeo, Gustavo López Cutillas.