Segundo se desprende dos datos do informe PISA dado a coñecer este martes, Galicia obtén unha puntuación media de 34,3 puntos, 1,5 por riba da medida de España (32,8 puntos), 1,6 dos países da OCDE (32,7 puntos) e 2,2, da Unión Europea (32,1). No panorama español, a nosa Comunidade sitúase entre as tres onde se rexistraron mellores resultados, a tan só cinco décimas de Madrid, que encabeza o ránking con 34,8 puntos, e tres décimas de Castela e León, que ocupa a segunda posición con 34,6. Son, xunto a Asturias, as catro únicas autonomías que superan os 34 puntos, o que as sitúa no nivel 4, o mesmo no que se atopan os países con mellores puntuacións de todo o mundo.
Os estudantes galegos, entre os máis creativos de España
O alumnado de Galicia volve destacar en PISA e sitúase no grupo de cabeza de España con mellores resultados en pensamento creativo.