lunes, septiembre 16, 2024
InicioNewsActualidadeO programa 'Muller Rural' inicia a súa actividade cun acto informativo en...

O programa ‘Muller Rural’ inicia a súa actividade cun acto informativo en Ponteareas

O programa ‘Muller Rural’ celebrou o seu primeiro acto informativo no auditorio municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas para expoñer o funcionamento deste proxecto impulsado por Acción Laboral en conxunto coa Concellería de Emprendemento e a Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade. O acto foi seguido de preto alcaldesa, Nava Castro, e a concelleira de Emprendemento, Silvia Fernández, que insisten na importancia da formación continua e de ofrecer asesoramento personalizado para atopar o itinerario máis adaptado a cada muller.

“Co obxectivo de mellorar o acceso das mulleres ao mercado laboral pomos en marcha distintas iniciativas que abran novas oportunidades adaptadas ao perfil de cada unha delas”, sinala a alcaldesa.

Durante a charla expuxéronse as dinámicas deste programa que ofrecerá orientación laboral, formación e obradoiros de competencias en distintas áreas, información sobre ofertas de emprego e compromiso de inserción. Todo, baixo unha bolsa de 400€ para as participantes que superen a formación inicial.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS