viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasAdxudicadas as obras de mellora da mobilidade na Rúa Trovador Xoán García...

Adxudicadas as obras de mellora da mobilidade na Rúa Trovador Xoán García de Guillade

Completarase a plataforma única no entorno do parque Ferro Ucha e asfaltarase o tramo ata cemiterio

O Concello de Ponteareas informa que vén de adxudicar as obras de mellora da rúa Trovador Xoán García de Guillade por un importe total de 69.637€, conseguindo un aforro de 29.927,44€ respecto ao importe de licitación.

O goberno de Ponteareas contrata estas obras para completar a mellora da mobilidade nesta rúa e reparar as carencias da actuación realizada na primeira fase de execución das obras. “Co obxectivo de completar a mellora da mobilidade crearase unha plataforma única completa no entorno do parque Ferro Ucha entre outras actuacións que teñen como finalidade mellorar o día a día das persoas residentes e das veciñas e veciños que acceden aos servizos deste tramo”, explica a alcaldesa Nava Castro.

Pola súa banda a concelleira de urbanismo, Silvia Fernández explica que se intervirá no tramo entre o parque Ferro Ucha e o cruce do cemiterio municipal , no que se mellorará a capa de asfaltado e se executará un doble sentido dende o cruce aos equipamentos dando resposta á demanda da veciñanza, comunidade educativa do CEIP Mestre Ramiro Sabell e usuarias e usuarios dos equipamentos existentes no tramo.

Nesta intervención procederase ao acondicionamento dun espazo para aparcamento tamén demandado pola comunidade educativa e que dará servizo nun futuro ás persoas usuarias do novo centro de saúde.

Ademais, instalarase rego automático nas xardineiras e árbores e rebaixaranse os lombos redutores de velocidade, retirando algún dos existentes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS