O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou ao alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, dun apoio de máis de 800.000 euros por parte do organismo provincial neste Concello ao abeiro de plans como o +Provincia, o PON2030 ou o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. No encontro, que tivo lugar este luns no despacho presidencial do Pazo provincial, ambos os dirixentes analizaron outros asuntos de interese mutuo para ambas as administracións, entre eles a construción dunha senda peonil na EP-5005, nun treito de 750 metros entre o centro urbano e o centro residencial das Esclavas da Virxe Dolorosa.
Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra:
Julio César García-Luengo, alcalde de Crecente: