domingo, septiembre 8, 2024
InicioConcellos +ArboO auditorio de Arbo acollerá o festival de baile moderno o próximo...

O auditorio de Arbo acollerá o festival de baile moderno o próximo domingo

O evento terá lugar o vindeiro domingo 23 de xuño no auditorio do Centro Multiusos de Arbo a partir das 17:00 horas

O domingo, 23 de xuño, o Auditorio Municipal de Arbo volverá a irradiar arte. A partir das 17:00 horas, poderemos gozar dun novo Festival de Baile organizado polo Concello de Arbo e o grupo Freedance de Salvaterra.

Nesta ocasión, serán nenos e nenas os/as encargadas/os de subirse ao escenario en Arbo para mostrarnos todo o que aprenderon este curso. Os grupos invitados son «Freedance» Salvaterra e «Nunca Pares» de Arcos – Ponteareas.

Desde o Concello de Arbo, convidan os veciños e veciñas a acudir a este festival de baile, con entrada gratuíta, no que os participantes nos deleitarán coa súa alegría.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS