Se fai uns días anuncíabase un cupón da ONCE en homenaxe ao polbo, agora este molusco estará tamén presente en Correos. O Concello do Carballiño e Correos asinaron un acordo polo que se promocionará a Festa do Pulpo durante os meses de xuño e xullo. Os cidadáns poderán ver vídeos dedicados a esta festa gastronómica a través das pantallas situadas en oficinas de Correos de dez provincias españolas: Alicante, Barcelona, Burgos, León, Madrid, Segovia, Soria, Valencia, Zamora e Zaragoza.
A emblemática Festa do Pulpo do Carballiño é unha cita gastronómica multitudinaria, que se celebra cada segundo domingo de agosto e que está declarada de Interese Turístico Internacional. Nesta localidade ourensá se degustan miles de kilos de cefalópodo
e se celebran actividades lúdicas, culinarias e culturais que congregan público de todas as idades e procedencias.
O polbo do Carballiño, nos cupóns e tamén no correo postal
Correos promociona a Festa do Pulpo do Carballiño en oficinas de dez provincias