viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeO Gran Premio Concello do Porriño chega este domingo coa súa cuarta...

O Gran Premio Concello do Porriño chega este domingo coa súa cuarta edición

A proba ciclista arrancará ás 10:30 h na Avenida Domingo Bueno

Centos de ciclistas volverán rodar no Porriño na gran Volta ao Val. O domingo 16 de xuño disputarase a cuarta edición do Gran Premio Concello do Porriño Élite e Sub-23, organizado polo Club Master da Louriña en colaboración co Concello do Porriño e a Deputación de Pontevedra.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deporte, Abel Estevez, presentaron a proba acompañados polo presidente do club organizador, Juan José Álvarez, e o representante do patrocinador privado Lasal, Rafael Pérez.


Como cada ano contará cun atractivo percorrido e moi coñecido polos aficionados locais, con tres subidas (San Cosme e Abelenda por dúas veces) e un total de 140 quilómetros con saída e chegada no Porriño. A proba, será puntuable para o ranking nacional e a Copa de Galicia de Estrada.


O concelleiro de Deportes, Abel Estévez, destacou unha vez máis o “esmero e coidado que o club e todos os que o forman poñen en cada un dos eventos que organizan. É un selo de calidade”.


Pola súa banda, o presidente do club organizador, Juan Álvarez, convidou a todo o mundo a disfrutar da proba “a tradicional e reclamada volta ao val”. Álvarez explicou que “un dos puntos quentes será a meta volante, en Baiona”.


O representante de Lasal, Rafael Pérez, explicou que para el que é “un gran apaixoado do ciclismo e do ciclismo porriñés en concreto, ver rodar centos de bicicletas pola vila é un orgullo, ver como se consolida esta proba nacional e ver correr aos nosos coa élite do ciclismo galego é moi satisfactorio”.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, concluíu emprazando a toda a veciñanza a vir este domingo ao Porriño a “disfrutar desta proba referente do ciclismo galego e do ciclismo porriñés” e agradeceu á organización e patrocinadores o “enorme esforzo que fan para que poidamos disfrutar no pobo de eventos deportivos de este nivel».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS